Reagrupación do alumnado en primaria
No derradeiro Consello Escolar do curso pasado (2007/2008), acordouse que, alomenos unha vez ao longo do seu período de escolarización na etapa de primaria, o alumnado será "reagrupado" sempre que o equipo docente o considere oportuno ou cando o aconsellen as circunstancias educativas. Levarase a cabo preferentemente ó remate do 2º ciclo.
Neste curso 2008/2009 fíxose no remate do 1º ciclo por razóns xustificadas e no remate do 2º ciclo polo acordo tomado.
Se os "afectados" queredes máis información dirixirvos o/a titor/a do/a voso/a fillo/a ou á Dirección do Centro.
O reagrupamento consiste en mezclar ó alumnado das tres aulas que viñan do ciclo anterior atendendo a criterios educativos, relacionais e socializantes.