Programación Xeral Anual
luns 02 febreiro 2009
A Programación Xeral Anual é o documento referencia da "vida" e funcionamento dun centro escolar, nel redáctanse os obxectivos educativos para todos e cada un dos niveis formativos dende infantil a 6º de primaria, reflictense tamén as normas de convivencia que deben levarse a cabo no centro e tamén os obxectivos de cada un dos departamentos e dos programas que se van a desenvolver no cole durante o curso.
É unha das competencia do Consello Escolar que a ten que aprobar nunha xunta que se celebra ó principiar o curso que corresponda.
Para ver a P.X.A. do Emilia para o curso 2008/2009 preme aquí Programación Xeral Anual.