Dereitos e deberes das nais e dos pais (II)
2. Así mesmo, como primeiros responsables da educación dos seus fillos ou pupilos, correspóndelles:
a) Adoptar as medidas necesarias, ou solicitar a axuda correspondente en caso de dificultade, para que os seus fillos ou pupilos cursen os ensinos obrigatorios e asistan regularmente a clase.
b) Proporcionar, na medida das súas dispoñibilidades, os recursos e as condicións necesarias para o progreso escolar.
c) Estimularlles para que leven a cabo as actividades de estudo que se lles encomenden.
d) Participar de xeito activo nas actividades que se establezan en virtude dos compromisos educativos que os centros establezan coas familias, para mellorar o rendemento dos seus fillos.
e) Coñecer, participar e apoiar a evolución do seu proceso educativo, en colaboración cos profesores e os centros.
f) Respectar e facer respectar as normas establecidas polo centro, a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado.
g) Fomentar o respecto por todos os compoñentes da comunidade educativa.»