Dereitos e deberes das nais e dos pais (I)

xoves 30 abril 2009

As nais e os pais temos unha serie de dereitos en relación coa educación dos/as nosos/as fillos/as:
A "Disposición final primera" da LOE di:

1. O artigo 4 da Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, reguladora do Dereito á Educación, queda redactado do seguinte xeito:
«1. Os pais ou titores, en relación coa educación dos seus fillos ou pupilos, teñen os seguintes dereitos:
a) A que reciban unha educación, coa máxima garantía de calidade, conforme cos fins establecidos na Constitución, no correspondente Estatuto de Autonomía e nas leis educativas.
b) A escoller centro docente tanto público como distinto dos creados polos poderes públicos.
c) A que reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións.
d) A estar informados sobre o progreso da aprendizaxe e integración socio-educativa dos seus fillos.
e) A participar no proceso de ensino e aprendizaxe dos seus fillos.
f) A participar na organización, funcionamento, goberno e avaliación do centro educativo, nos termos establecidos nas leis.
g) A ser oídos naquelas decisións que afecten á orientación académica e profesional dos seus fillos.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado