Dereitos e deberes dos alumnos e das alumnas (II)
pero tamén teñen unhas obrigas das que se deben responsabilizar e que debemos esixirles que cumpran:
a) Estudar e esforzarse para conseguir o máximo desenvolvemento segundo as súas capacidades.
b) Participar nas actividades formativas e, especialmente, nas escolares e complementarias.
c) Seguir as directrices do profesorado.
d) Asistir a clase con puntualidade.
e) Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros á educación e a autoridade e orientacións do profesorado.
f) Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, e a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da comunidade educativa.
g) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro educativo, e
h) Conservar e facer un bo uso das instalacións do centro e materiais didácticos.