Consello Escolar do 2/02/2009
Na xunta do Consello Escolar que tivemos onte falamos de, e acordamos o, seguinte:
*A conta de xestión do orzamento do ano 2008: consiste na xustificación contable das partidas económicas das que dispón o Equipo Directivo para facer fronte ós gastos necesarios para o mantemento do centro e para o desenvolvemento dos programas educativos; gastos de oficiña, de material de actividades docentes, teléfono, mantemento de equipos informáticos, libros e outras publicacións, gas, calefacción, limpeza, pequenas e non tan pequenas reparacións...
* O Presidente (Director do cole) informounos do estado das obras?:
- Pavillón polideportivo; é competencia do Concello. Recoñecen o evidente, que está totalmente paralizado e que as previsións de reanudación das obras son máis ben pesimistas no que se refire a curto-medio prazo xa que, entre outras causas, a empresa adxudicataria está en mal momento (a crisis), e aínda que teñen a posibilidade de anular o contrato e volver a sacar unha nova licitación, de momento non o contemplan.
- Patio cuberto; é competencia da Consellería de Educación. A empresa adxudicataria é a mesma do pavillón¡¡¡¡¡. Neste tema non hai confirmación "oficial" pero oficiosamente está todo parado. A causa xa vola contei na entrada do día 30 de xaneiro "Patio cuberto".
Acordamos solicitar do Concello e da Consellería informe por escrito da situación actual das obras e da previsión de finalización das mesmas.
Tamén informounos de que o Concello ten previsto amañar o parque de xogos do cole de infantil con parte dos cartos que aprobou o Goberno para paliar a crisis.
Por outra banda dounos conta do escrito do Concello no que se nos aconsella que non solicitemos o programa "Luditarde" para o vindeiro curso 2009-2010 e que pidamos o programa "Deporte no centro". A razón que dan para semellante "consello" é a previsión de que o centro non vaia a cumprir co número de grupos estipulados para levar a cabo o programa.