Consello Escolar do 27/04/2009
Tomáronse os seguintes acordos:
* a admisión do alumnado para o curso 2009-2010 vistas as solicitudes presentadas e debidamente baremadas segundo os criterios marcados pola Consellería de Educación; para maior información consultar o taboleiro do colexio ou preguntar en Secretaría.
* a solicitude do Programa de inmersión lingüistica para 6º de primaria no curso 2009-2010: isto consiste nunha estadía nunha cidade fora da Comunidade Autónoma na que 25 alumnos ou alumnas, ou unha mixtura, están unha semana falando en inglés. Van acompañados de dous docentes do centro e depende de que sexa concedido,
* a continuidade das Aulas de potenciación do galego en educación infantil xa que pensamos que, independentemente das medidas que vaia a tomar o novo goberno auónómico, ditas aulas deben seguer ofrecéndose como resultado do compromiso do centro pola potenciación do idioma galego e como resposta á demanda que en cursos anteriores se tivo e para o próximo se agarda,
* o programa de actividades extraescolares presentado pola ANPA para o curso 2009-2010.
Por parte do Presidente do Consello infomouse das actividades do Observatorio da Convivencia e dos resultados dunha enquisa da que se desprende que non hai graves problemas de convivencia no Centro e que se fan recomendacións para tratar de mellorala no tempo de lecer dado como están as instalacións (pistas).
Tamén se nos informa das novas dadas polo Concello por mor do compromiso de información mensual sobre as obras do pavillón: confirman o remate en agosto e atrévense a adiantar que a inauguración sería en setembro pero todavía sen garantir a data de uso. Volven a reiterar que por parte do Concello non hai ningunha problemática nin política nin económica para levar a cabo a obra.
Visionamos unha presentación fotográfica na que se aprecia que algo si están a facer.
Por outra banda se da información de que comenzaron coas obras de remodelación do patio de xogos exterior do cole de infantil.