Consello Escolar do 23/03/2009

martes 05 maio 2009

No Consello Escolar tomamos os seguintes acordos:

* A prórroga para o curso 2009-2010 do servicio de comedor escolar e madrugadores.

* O orzamento para o ano 2009.

* O Proxecto Lingüistico de Centro que consiste básicamente, nas directrices que se teñen que seguir no Centro en función do ordenado na lexislación en vigor.

* Rexeitouse a petición do pai e da nai dun alumno de traslado en vehículo particular as actividades que realiza o colexio en horario escolar fora do centro. O motivo é que consideran que os autobuses que se utilizan non cumpren as medidas de seguridade obrigatorias. Recházase por considerar que se están autorizados pola Xunta para facer transporte escolar e que están na legalidade. Aínda así acórdase facer un seguimento de que se cumpra a normativa.

*  O Director informounos da xunta que tiveron no Concello a petición dó Alcalde na que estaban o propio Alcalde, o concelleiro Garcés, o presidente da asociación de veciños dos Rosales, o Director do cole e o representante da ANPA: nela foron informados do estado das obras do polideportivo que en resumo é;
- o retraso débese a problemas da empresa constructora que parece que están en camiño de arranxar
- teñen previsto rematar as obras en agosto/2009 incluíndo a urbanización do entorno.
- non se comprometen a dar unha data de disponibilidade de utilización da instalación.
- comprometeronse a dar información mensual do estado das obras.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado