As promesas do Alcalde 2
Esta é a realidade das promesas do Sr. Alcalde en relación co pavillón polideportivo dos Rosales que vai nos terreos devastados do colexio Emilia Pardo Bazán: na última xuntanza que tiveron fai un par de semanas representantes do Concello co Director do Centro educativo e cun representante da ANPA, aqueles transmitironlles que as obras da "novena maravilla" do mundo están novamente paradas, que a empresa Cuadernas neste momento non está en condicións de continualas e menos de rematalas, que están a plantexarse "recibir" a obra tal e como está?????? e facer unha nova adxudicación pero a dúas empresas, que curiosamente xa teñen nome, e sendo unha delas Cuadernas¡¡¡¡¡¡??????, e que todo este proceso vai levar uns meses e que, canda menos, ata xaneiro non se poderían reiniciar as tareas. Das obras falta case todo o interior, canalizacións, vestiarios, pista....ou sexa, todo.
O máis curioso é que según fontes non oficiais da empresa, esta non ten ningún problema para seguir coas obras, que o Concello non lle debe nada das partidas certificadas pero que non hai partidas económicas para rematar o que falta¡¡¡¡¡¡?
Sexa esto certo ou non, a do Concello é información oficial.
Seguiran tomandonos o pelo.